Mostrando postagens com marcador Vigo. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador Vigo. Mostrar todas as postagens

20080529

Videofórum: "Grbavica: o segredo de Esma"

A Marcha Mundial das Mulleres organizou un videofórum, con bastante asistencia de público, o pasado mércores 28 de Maio ás 20h na Casa das Mulleres en Vigo proxectando o filme "Grbavica: o segredo de Esma" (2005) da directora bosnia Jasmila Znabic, como actividade final polo pasado 24 de Maio Día Internacional das Mulleres pola Paz.

A través do filme, coñecemos a historia dunha nai e a súa filla que viven as consecuencias da guerra nun barrio de Saraxevo chamado Grbavica. En palabras da directora: "Grbavica é sobre todo unha historia de AMOR. Un amor impuro porque está mesturado co odio, o noxo, o trauma, a desesperación. Tamén fala desas VÍCTIMAS que, a pesar de non ter cometido ningún crime, non son de todo inocentes aos ollos das novas xeracións. Ademáis, fala da VERDADE, un poder cósmico sen o que non hai progreso, algo tan necesario para unha sociedade como a de Bosnia-Herzegovina que se esforza por alcanzar a madurez". Grbavica é a súa primeira longametraxe e gañou o Oso de Ouro no festival de Berlín no 2006.

20080329

Mesa redonda, na Casa das Mulleres de Vigo, sobre a situación actual do dereito ao aborto

A Marcha Mundial das Mulleres presenta o próximo xoves 3 de abril ás 20h na Casa das Mulleres unha mesa redonda sobre a situación actual do dereito ao aborto dentro da temática do mes de abril sobre Dereitos Sexuais e Reproductivos que se levará a cabo na Casa das Mulleres (R/ Romil nº20).

Intervirán como poñentes: Eugenia .......(traballadora social do Centro de Orientación Familiar de Vigo), Isabel Blanco (xinecóloga do Complexo Hospitalario Xeral- Cíes de Vigo), Isabel Barbero (avogada) e Vitoria Iglesias Molares (como representante do movemento feminista e presidenta da Marcha Mundial das Mulleres), que pola súas traxectorias profesionais e experiencia aportarán información e asesoramento sobre o mesmo.

Aproveitamos a ocasión para anunciarvos que durante o mes tamén haberá máis actividades como : cinefórum, charlas relacionadas coa educación sexual, o papel da muller na República e un curso básico sobre feminismo para persoal das vogalías da muller.

Agradecemos a súa máxima difusión e asistencia.

Un saúdo!
_______________

20071129

O 25 de novembro de 2007 en Vigo

Máis de 1000 persoas manifestaron-se, polas rúa de Vigo, este 25 de novembro, convocadas pola Marcha Mundial das Mulleres, co motivo do Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, para pedir "o fin da violencia machista" e para esixir implicación da sociedade e das institucións para terminar coa "secuela da violencia de xénero".

[Foto de Tony de Lis]

A manifestación saía da Rúa Urzáiz pasadas as 12 do mediodía, a abria unha faixa que puñas: "Podemos acabar coa violencia machista, cada cal desde a súa responsabilidade". Muitas persoas congregadas lucían brazaletes con este mesmo lema, no caso das mulleres, e coa frase "Eu non son cómplice.." no caso dos homes.

Entre os participantes estaba a secretaria xeral de Igualdade, Carme Adán, de colectivos de mulleres como Alecrín, a Rede Veciñal de Mulleres contra os Malos Tratos e a Federación veciñal.

O Museo de Arte Contemporánea de Vigo, onde están colocadas 69 siluetas femininas de cartón que simbolizan ás vítimas da violencia de xénero no que vai de 2007, foi onde rematou a manifestación.

Estas siluetas, do mesmo xeito que as persoas que participaron no evento, foron rodeadas por cintas de tea que representan "a telaraña da sociedade patriarcal" e que, foron finalmente cortadas "coas tesoiras simbólicas do feminismo".

Rematou o acto coa leitura do manifesto no que se fixo un chamamento á responsabilidade colectiva para acabar coa violencia machista.

Enlace co Comunicado do 25N2007 da Marcha da Galiza

Enlace co Comunicado do 25N2007 da Marcha Internacional
______________