20071124

Declaración Internacional da Marcha Mundial das Mulleres con motivo do 25N2007

25 de novembro de 2007
Xornada internacional de loita
contra a violencia cara ás mulleres

Declaración da Marcha Mundial das Mulleres

Na Carta Mundial das Mulleres para a Humanidade, nós militantes da Marcha Mundial das Mulleres, reafirmámonos no compromiso do mundo que estamos construíndo: Un mundo onde "todos os seres humanos vivan libres de toda violencia. Onde ningún ser humano perténzalle a outro. Onde ningunha persoa poida ser esclavizada, forzada ao casamento, deba realizar traballo forzoso, sexa obxecto de trafico ou de explotación sexual."

O 25 de novembro de 2007 "xornada internacional de loita contra a violencia cara ás mulleres" mobilizámonos no mundo enteiro para reafirmar a liberdade, a paz, a xustiza, a solidariedade, a igualdade: os valores da Carta.

Condenamos o patriarcado, sistema milenario de desigualdades, explotación, privilexios, discriminacións, valores, normas, políticas, polo que a autoridade e o poder recae nos homes e no masculino, baseado na premisa dunha suposta inferioridade natural das mulleres en tanto que seres humanos, que leva a unha estratificación na cal as mulleres ocupan un papel inferior, un sistema que xera violencias.

Condenamos o machismo, que nega o dereito á autonomía corporal, sexual e reprodutiva, á felicidade e o pracer das mulleres, usando a violencia sexual, afectando a nosa capacidade de goce, desexo e exercicio de todos os dereitos. O machismo reduce ás mulleres a obxectos sexuais e condena ás lesbianas e promove o sexismo, a prostitución, a trata de mulleres e nenas, a violencia contra as mulleres e crianzas.

Condenamos o racismo nos nosos países, que xunto coa opresión de clase e xénero, convértense nunha trenza de dominación que condena ás mulleres campesiñas, indíxenas, inmigrantes e afrodescendientes ás peores condicións de vida.

Condenamos a globalización capitalista neoliberal que converte os nosos corpos e sexualidade en mercancía e que se apoia sobre a división sexual do traballo entre homes e mulleres, terra fértil para aínda máis violencias. Queremos pór fin ás violencias!

Este día é unha homenaxe ás tres irmás Mirabal, asasinadas por orde do ditador Trujillo na República Dominicana o 25 de novembro de 1960.

Aínda existen Estados autoritarios que utilizan a violencia contra mulleres protagonistas de movementos de mulleres e sociais. Só na última semana recibimos chamados para solidarizarnos con mulleres reprimidas en Burma, Colombia, Guinea, Irán e Paquistán[1].

[1] Para ler sobre estes chamados de solidariedade, vexase http://www.marchadelasmujeres.org e para máis informacións sobre a situación actual da Lei Marcial en Paquistán, vexase http://pakistan-wmw.blogspot.com
________________

Comité Internacional da MMM - MMF - WMW:
Miriam Nobre (Secretariado Internacional), Nana Aicha Cisséy Wilhelmina Trout (África, JingYnares e Saleha Athar (Ásia), Farida el Nakash (Médio Oriente), Rosa Guillén e Gladys Alfaro (Américas), Celina dos Santos e Nadia de Mond (Europa).

Secretariado Internacional - MMM - MMF - WMW
Rua Ministro Costa e Silva, nº 36 Pinheiros
São Paulo - SP - Brasil
Cep: 05417-080

Tel e fax: 55 11 3819-3876
e-mail: info@marchemondiale.org
site : www.marchemondiale.org
___________________

Nenhum comentário: