20070524

No Día Internacional das Mulleres pola Paz e o Desarme: Galiza, 24 de maio de 2007

24 DE MAIO: DÍA INTERNACIONAL DAS MULLERES POLA PAZ E O DESARME

O Dia Internacional das Mulleres pola Paz e o Desarme celebrase o dia 24 de Maio desde o ano 1982, conmemorando a loita das mulleres británicas contra todo o que representaba a OTAN, contra a instalación de bases militares, e polo fin das guerras e a carreira armamentística.

Os actuais escenarios bélicos mundiais, Afganistán, Iraq, Palestina, Colombia, Sudán, Arxelia, etc., significan un grande reto para toda a poboación, e moi especialmente para as mulleres. No Afganistán fomos as primeiras en dar a voz de alarma sobre as condicións de vida das mulleres afganas, moito antes de que se iniciara o conflicto, e ainda seguimos a facelo. No Iraq unha caravana de mulleres norteamericanas expresaron a sua solidariedade coas mulleres iraquíes, víctimas desta guerra, unímonos á protesta mulleres de todo o mundo. A denuncia dos conflitos bélicos é unha constante no movimento feminista, visibilizando o que supoñen para a vida de milleiros de persoas, donde unha vez mais, as mulleres somos as mais perxudicadas, e asinalando os verdadeiros motivos das guerras, que foron e seguen a ser fundamentalmente económicos, e polos que se fan desaparecer pobos, se ocupan territorios ou se esquilman os seus recursos.

Desde a Marcha Mundial das Mulleres da Galiza queremos destacar a importancia desta data para continuar traballando por unha sociedade antimilitarista, pois pensamos que o militarismo vai mais aló dos exércitos e as guerras, ainda que estas sexan a sua máxima expresión. Nós berramos un ano máis ¡Non ás guerras!, coa forza de quen pode parar un exército, e ainda conscientes de que non é tan sinxelo non por iso deixaremos de camiñar xuntas na procura dun mundo onde guerras e exércitos non teñan sitio.

Galiza, 24 de Maio de 2007

20070510

Meira campionas da IIª Bandeira


As remeiras de Meira levarom-se a IIª Bandeira de Trainheirinhas Marcha Mundial das Mulheres. Seguirom-nas na clasificación Chapela, Náutico de Vigo, Mecos e Cabo de Cruz. Como ocorrera na competiçom do passado ano, o ambiente foi festivo e reivindicativo, valorando o esforzo das mozas remeiras por conseguir a igualdade nos seus clubes e nas competiçons que organiza a Federaçom de Remo.