20070624
Concentración en Oleiros polo asesinato de Estrella Geremias
A pesares dos intentos normativos, é dicir, das diferentes leis e medidas promulgadas nos últimos tempos, -tanto a nivel internacional, como do estado español, como da propia Galiza-, a situación de desigualdade e desprotección das mulleres ante a violencia que sófremos cada día, segue a ser un feito notorio e indiscutible.
Nesta sociedade as mulleres estamos exportas –todas nos, sen excepción-, á violencia, ao maltrato, ao asasinato.
Todas as mulleres somos vítimas potencias e reais –moitas de nos-, do esquema machista desta sociedade.
Seguemos sen ter garantías reais para:
manter a nosa dignidade como mulleres
exercer os nosos dereitos de liberdades e oportunidades sociais máis básicos.
Seguimos loitando contra os múltiples prexuízos patriarcais desta sociedade, que nos considera elementos inferiores.
Considérannos INFERIORES até o punto que non se respecta –nin sequera- a nosa integridade física.
As mulleres seguimos sumando dentro dunhas estatísticas (absolutamente impersoais), como un número ao alza de mortas e sufridoras de lesións graves.
Independentemente das actuacións legais e políticas de sensibilización contra o machismo, mentres a sociedade –no seu conxunto- permitamos:
prácticas de discriminación tradicionais.
distribucións estereotipadas dos papeis asignados entre sexos
imaxe de dominación dun sexo sobre o outro.
machismo e misoxinia nos usos da linguaxe, etc.
Mentres nos conformemos, nos habituemos, a ser un número máis nas estatísticas, NON SE FREARÁN AS MORTES.
Debemos loitar con forza para que a nosa visibilidade como mulleres sexa una realidade indiscutíbel.
O común plural foi sempre masculino, mais foi así porque o masculino era o elemento preponderante na sociedade ao longo da historia.
Hoxe, sen embargo, todas sabemos que a metade da poboación –a metade da sociedade- é feminina.
As mulleres, polo tanto, temos o dereito a ser clasificadas como seres respetábeis en toda a nosa integridade.
A sociedade –e desde logo os homes que forman parte dela- deben saber dunha vez por todas que:
Temos os mesmos dereitos
Temos as mesmas liberdades
Non somos zorras, nin putóns, polo feito de desfrutar da nosa liberdade.
Queremos e aceptamos con orgullo a feminización dunha sociedade que tradicionalmente foi dos homes, máis negámonos a vivir nun papel subordinado.
As leis demóstrannos con cada morte –dunha de nos-, que NON son suficientes.
Acabamos de pasar unhas votacións. Votar tampouco é suficiente.
ESIXIMOS DECIDIR:
Sobre a nosa capacidade de expresión
sobre a nosa capacidade de traballo
sobre os nosos erros
sobre a nosa sexualidade
sobre as nosas amizades
SOBRE A NOSA PROPIA VIDA
Non queremos ser mulleres abnegadas, tampouco queremos que nos traten como raíñas.
QUE NOS DEIXEN VIVIR
QUE NOS RESPECTEN
QUE NON NOS MATEN POR SER MULLERES
QUE NON SOMOS DE NINGUÉN
QUE SOMOS PARTE ACTIVA E VINCULADA A ESTA SOCIEDADE
QUE SOMOS MULLERES
COMUNICADO DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES, LEIDO POR PURA FERREÑO NA CONCENTRACIÓN DO 23 DE XUÑO DE 2007, SÁBADO, ÁS 19,00, NA CASA CHARRY (OLEIROS – A CORUÑA), EN REPULSA POLO ASESINATO DE ESTRELLA GEREMIAS
Foto Almara

Assinar:
Postar comentários (Atom)
Nenhum comentário:
Postar um comentário