20070625

Concentraçom de repulsa polo assassinato de Estrella Geremias














Dua moças da Coordenadora Local da Marcha Mundial das Mulheres en Ferrolterra colocavam numha farola da praça do concelho umha fita co nome de Estrella Geremias, última vítima da violência machista em Galiza. A praça nesse momento atopava-se enchida cos siareiros da equipa local de futebol para festejar o ascenso a segunda divissom. Umha acertada mediaçom das concelheiras permitiu que a megafonia preparada para receber à equipa, fose utilizada para denunciar a situaçom de violência na que vivem muitas mulheres, para denunciar que essa violencia tem a súa raiz numha sociedade patriarcal que somete às mulheres e que o silencio ante situaçons de violência machista convirte-se em cumplicidade. Nem na casa, nem na rua, nem na economia, nem na religiom, nem na política devemos permitir o sometemento e a discriminaçom.

20070624

Concentración en Oleiros polo asesinato de Estrella Geremias

A pesares dos intentos normativos, é dicir, das diferentes leis e medidas promulgadas nos últimos tempos, -tanto a nivel internacional, como do estado español, como da propia Galiza-, a situación de desigualdade e desprotección das mulleres ante a violencia que sófremos cada día, segue a ser un feito notorio e indiscutible.

Nesta sociedade as mulleres estamos exportas –todas nos, sen excepción-, á violencia, ao maltrato, ao asasinato.

Todas as mulleres somos vítimas potencias e reais –moitas de nos-, do esquema machista desta sociedade.

Seguemos sen ter garantías reais para:
manter a nosa dignidade como mulleres
exercer os nosos dereitos de liberdades e oportunidades sociais máis básicos.

Seguimos loitando contra os múltiples prexuízos patriarcais desta sociedade, que nos considera elementos inferiores.

Considérannos INFERIORES até o punto que non se respecta –nin sequera- a nosa integridade física.

As mulleres seguimos sumando dentro dunhas estatísticas (absolutamente impersoais), como un número ao alza de mortas e sufridoras de lesións graves.

Independentemente das actuacións legais e políticas de sensibilización contra o machismo, mentres a sociedade –no seu conxunto- permitamos:

prácticas de discriminación tradicionais.
distribucións estereotipadas dos papeis asignados entre sexos
imaxe de dominación dun sexo sobre o outro.
machismo e misoxinia nos usos da linguaxe, etc.

Mentres nos conformemos, nos habituemos, a ser un número máis nas estatísticas, NON SE FREARÁN AS MORTES.

Debemos loitar con forza para que a nosa visibilidade como mulleres sexa una realidade indiscutíbel.

O común plural foi sempre masculino, mais foi así porque o masculino era o elemento preponderante na sociedade ao longo da historia.

Hoxe, sen embargo, todas sabemos que a metade da poboación –a metade da sociedade- é feminina.

As mulleres, polo tanto, temos o dereito a ser clasificadas como seres respetábeis en toda a nosa integridade.

A sociedade –e desde logo os homes que forman parte dela- deben saber dunha vez por todas que:

Temos os mesmos dereitos
Temos as mesmas liberdades

Non somos zorras, nin putóns, polo feito de desfrutar da nosa liberdade.

Queremos e aceptamos con orgullo a feminización dunha sociedade que tradicionalmente foi dos homes, máis negámonos a vivir nun papel subordinado.


As leis demóstrannos con cada morte –dunha de nos-, que NON son suficientes.

Acabamos de pasar unhas votacións. Votar tampouco é suficiente.

ESIXIMOS DECIDIR:

Sobre a nosa capacidade de expresión
sobre a nosa capacidade de traballo
sobre os nosos erros
sobre a nosa sexualidade
sobre as nosas amizades
SOBRE A NOSA PROPIA VIDA

Non queremos ser mulleres abnegadas, tampouco queremos que nos traten como raíñas.

QUE NOS DEIXEN VIVIR

QUE NOS RESPECTEN

QUE NON NOS MATEN POR SER MULLERES

QUE NON SOMOS DE NINGUÉN

QUE SOMOS PARTE ACTIVA E VINCULADA A ESTA SOCIEDADE

QUE SOMOS MULLERES



COMUNICADO DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES, LEIDO POR PURA FERREÑO NA CONCENTRACIÓN DO 23 DE XUÑO DE 2007, SÁBADO, ÁS 19,00, NA CASA CHARRY (OLEIROS – A CORUÑA), EN REPULSA POLO ASESINATO DE ESTRELLA GEREMIAS
Foto Almara

20070623

Acto de solidariedade con Atenco en Compostela

Mércores 27 de Xuño ás 20hs na Galeria Sargadelos de Compostela, a Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego organiza un acto de visibilización das reivindicacións campesinas de Atenco, e denuncia da forte represión sufrida pola reivindicación das súas teras.
Martha Pérez Pineda, é orixinaria de San Francisco Acuexcómac,
concelllo de San Salvador Atenco, estado de México.
É psicóloga. Ten 46 anos. É representante do Frente de Pueblos
en Defensa de la Tierra ( F.P.D.T) de San Salvador Atenco.O seu pai
é ejidatario, ten unha hectárea. Participou no movemento social en defensa
das nosas terras desde o 22 de outubro de 2001.
San Salvador Atenco significa: á beira do lago.
Son pobos orixinarios ubicados na beira do ex-lago de Texcoco.

-Representa a loita pacífica dos nosos pobos.
-Lograron a victoria e recuperamos as nosas terras.
-Foron reprimidos/as salvaxemente.
-Actualmente loitn pola liberdade dos seus/suas presos/as políticos/as.


A finais do 2001 o pobo de San Salvador de Atenco levantouse contra o
espolio das súas terras por parte do goberno Mexicano. Como parte do famoso
Plan Poboa-Panamá, oficialmente decretábase a expropiación de máis do
80% do territorio de Atenco e case todo o poboado de Ixapan para a
construción dun novo aeroporto internacional. Decretouse o prezo de 7,20
pesos (0.5 euros) por metro cadrado (rústico ou urbanizable).
Ante o decreto o pobo de San Salvador Atenco saíu á rúa e organizouse
na Fronte de Pobos en Defensa da Terra. Non pedían un prezo mellor polas
súas terras, ao contrario esixían o seu dereito de continuar as súas vidas, de
preservar a súa cultura e as súas tradicións. Trátase de pequeno campesinado,
ejidatario (minifundio) na súa maioría. Ademais todos os informes sobre impacto
ambiental sinalaban o desastre que suporía a construción do
aeroporto. Durante o conflito o goberno mexicano presento cargos contra
moitos e moitas habitantes de Atenco. Entre eles, o de secuestro pola
retención dalgúns funcionarios.
Tras esta longa e dolorosa loita, o pobo de San Salvador Atenco gañou esta
primeira batalla e o aeroporto non se construíu. Ademais o goberno comprometeuse,
e así o fixo, a retirar os cargos, como o de secuestro ou desorde pública.
Desgraciadamente, a guerra do goberno contra os campesiños, indíxenas,
contra o pobo de Atenco, non fixera máis que empezar. En maio do
ano pasado, 2006, o movemento social do pobo de Atenco, organizado na
Fronte de Pobos en Defensa da Terra apoiaban as reivindicacións de vendedores
de flores tradicionais, quen foran expulsados do
mercado local que colinda co proxecto dun megasupermecado
multinacional. Utilizando este feito como escusa (existen rumores que falan
do renacemento do proxecto do aeroporto) e como un xesto exemplar de castigo
e desgaste, o exercito e a policía atacaban brutalmente aos
campesiños.
Un mozo de 14 anos foi asasinado polas forzas gobernamentais.
Máis de 47 mulleres foron arrestadas e trasladadas ao cárcere nun autobús.
Durante o traslado máis de 37 mulleres foron violadas e unha decena sufriron
outros abusos sexuais por parte do exército e a policía.
Brutalidade e torturas por centos de persoas detidas (29 aínda permanecen
nos cárceres) e un longo etcétera de violacións contra os dereitos
humanos foi o resultado do ataque das forzas gobernamentais. As
casas daqueles sinalados como "lideres" por un encapuchado foron
esnaquizadas polo exército. Romperon todo o que atoparon ao seu paso.
Roubaron o diñeiro e calquera cousa que consideraron de valor.
O alto tribunal de México xa ditaminou que houbo unha violación dos
dereitos humanos nos feitos de maio. Desgraciadamente as recentes
resolucións xudiciais contra as persoas presas non foron precisamente
xustas. Máis ben, todo o contrario.

Consideramos necesario denunciar estes feitos e, por iso e co lema Atenco
non se vende unha compañeira de Atenco está en Europa para denuncialos.
Ls principais obxectivos da xira desta compañeira resúmense no seguinte:

1. Denunciar a represión brutal á que se ve sometida a poboación
de Atenco, facendo especial fincapé na violación de dereitos
humanos ocorrida en maio do ano pasado.
2. Esixir á Unión Europea que rompa o seu tratado de libre comercio
con México. Xa que en devandito tratado existe unha cláusula sobre a
obrigación de respectar os dereitos humanos como condición
indispensable para a validez do acordo. Ao mesmo tempo,
denunciar as consecuencias desastrosas que devanditos acordos
de libre comercio provocan na estabilidade económica e social de
miles de comunidades.
3. Esixir a retirada dos cargos de aprehensión contra as persoas
detidas en Atenco no 2001, así como a liberación das
encarceradas durante o conflito de maio do 2006.
4. Conseguir o apoio de organizacións de mulleres para denunciar,
dentro dos movementos feministas, a violación das 37
compañeiras, así como dos abusos sexuais sufridos por outra
decena, como arma de guerra e sementa do terror. Unha estratexia
que intenta desgastar e destruír o movemento social, atacando con
especial vehemencia e brutalidade ás súas mulleres.
5. Ademais do apoio político, é necesario nestes momentos un
apoio económico, que permita á fronte de Pobos en Defensa da
Terra facer fronte aos pagos do equipo de avogados que se ocupan
da defensa tanto das persoas presas como daquelas
que se atopan en "busca e captura" con ordenes de aprehensión
do 2001.
6. Un último punto importante, é a necesidade da maior
visualización posible, a través dos medios, así como contactos
con organizacións de dereitos humanos, que sexan de apoio á
compañeira que vén de Atenco. Ela é unha das vítimas da
represión, e atópase acusada de secuestro durante o conflito
do aeroporto. Unha acusación de secuestro que carece de ?secuestrado?.
Pero por esta acusación podería ser condenada
a máis de 20 anos de prisión.

20070622

Solidariedade coas mulleres de Atenco


O vindeiro LUNS 25 DE XUÑO, estará en Vigo- CASA DAS MULLERES, ÁS SETE E MEIA DA TARDE- unha representante do povo de ATENCO (México) que están levando unha forte loita na defensa da sua terra e dos seus postos de traballo en contra dos proxectos máis ultraliberais do estado mexicano e que sofren unha forte represión por parte do exército e a policia.