20080119

A Marcha Mundial das Mulleres convoca concentracións polo dereito ao aborto.


Diante das agresións e vulneracións de dereitos que veñen sucedendose nas últimas semanas, e que están afectando tanto a mulleres que interrumpiron o embarazo, como ao persoal que traballa nas clínicas onde se realiza a IVE, o próximo mércores 23 de xaneiro às 20hs a Marcha Mundial das Mulleres convoca concentracións en varias cidades do país:

* LUGO Praza do Concello
* VIGO diante do MARCO
* CORUÑA no Obelisco
* COMPOSTELA no Toural
* FERROL diante do Edificio da Xunta
* PONTEVEDRA na Praza 8 de Marzo

A Coordenadora Nacional reunida o sábado 19 decideu comezar unha campaña de recollida de autoinculpacións que se presentarán nos xulgados o próximo 8 de Marzo, coincidindo co Dia Internacional das Mulleres.


ABORTO LIBRE E GRATUITO NA SANIDADE PÚBLICA XA!!!


Um comentário:

Anônimo disse...

Son feminista dende que teño uso de razón, e gustaríame poder dicir que apoio as miñas compañeiras feministas, pero esta vez non podo facelo.

Os meus dereitos como muller non me poden facer esquencer a miña dignidade como ser humán, e esa dignidade como ser humán pasa polo respeto da vida dos demais.

Afortunada ou desgraciadamente tocounos a nós a capacidade para xestar e dar vida, afortunada ou desgraciadamente esa condición marcou sempre a nosa historia, marca os nosos ciclos, a nosa existencia toda, pero aínda que nós a sentimos materialmente, esa capacidade, esa responsabilidade, non soamente nos pertence a nós, correspondelle no mesmo grao a toda a sociedade no seu conxunto, é unha responsabilidade común, de toda a humanidade.

Unha responsabilidade, nembargantes, nunca entendida, sempre ignorada, e agora, mesmo utilizada. Se a lei do aborto en España é criticable, non é tanto polo seu fondo, nin pola súa forma senon polas circunstancias que a fixeron sentir como necesaria. Xa que en verdade, non debería existir lei do aborto pois non debería concebirse a idea do aborto nas nosas mentes máis que para casos de extrema gravidade, ao mesmo grao que a gravidade que resulta de decidir quitar unha vida humán. E para eses casos ninguén pode xulgar ou decidir agás a única persoa que ten a necesidade de facelo.

Pero é certo que a situación actual ten que cambiar, os casos ocorridos o denuncian con clamor, ha mulleres que berran fronte a unha sociedade que inda non deu a resposta que debería e que nembargantes só ela pode dar. A desesperación, a dor, ou calquera outro sentimento que pode albergar unha muller confrontada cun embarazo non desexado debe obter unha resposta, debéselle dar unha solución, e sobre todo deben poñerse os medios necesarios para a súa prevención, pero o aborto libre non é a solución ao problema, xa que o problema é un problema común, é un problema de todos, non dun individuo só.
LG