20071120

25 de Novembro do 2007: Podemos acabar coa violencia machista - Cada quen desde a súa responsabilidade

PODEMOS ACABAR COA VIOLENCIA MACHISTA
CADA QUEN DESDE A SÚA RESPONSABILIDADE
25 de novembro,
Día Internacional
contra a Violencia de Xénero


Son moitos os cambios nos últimos anos: novas leis, programas específicos nas administracións, visibilización nos meios de comunicación, distinta valoración na opinión pública, novos valores nas relacións persoais... aínda así, o número de mulleres asasinadas, as denuncias de mulleres agredidas e as condenas por agresións, seguen aumentando. E o que é aínda máis preocupante, a violencia machista perpetúase na xente máis nova.

Somos conscientes de que muitas estruturas económicas (Banco Mundial, Fondo Monetario Internacional, multinacionais...) , estruturas políticas (G-8, gobernos, exércitos...), e estruturas relixiosas (Vaticano, conferencia episcopal española, aiatolas, imáns, consellos relixiosos...) están mantendo e perpetuando unha organización patriarcal da sociedade onde se encontra enraizada a violencia machista. Unha realidade implantada en todo o planeta, e que mostra a súa face máis descarnada en situacións de guerra, tráfico de persoas e explotación sexual.

Aínda así, desde a Marcha Mundial das Mulleres temos o convencemento de que para rematar coa violencia, non chega coa denuncia e loita contra todas estas institucións e estruturas. Partindo da nosa realidade máis inmediata, fai falta que confluamos nunha mesma dirección todos os sectores sociais que aspiramos a transformala,
porque cada quen debe analisar e asumir a responsabilidade que lle corresponde para rematar con esta lacra social:

*As organizacións políticas e as persoas que teñen responsabilidades e presenza nas administracións e nos poderes públicos, que deben tomar consciencia de que este non é un problema só daqueles departamentos, secretarías, concellalias... específicas, senón que é algo que atinxe de xeito global a todos os estamentos e implica reformulacións organizativas e de "boas práticas", destinando máis recursos para a aplicación das leis, creación e mantemento de servizos de atención e recuperación das vítimas, aplicando consecuentemente políticas de prevención e compromenténdose, máis aló do papel, nas políticas de igualdade. Enfrontándose aos grupos políticos que dean o seu apoio a alternativas ou práticas sociais, económicas, relixiosas e culturais que niguén a igualdade de dereitos para todas as persoas e favorezan relacións de marxinación e opresión.

*As persoas que traballan nos medios de comunicación, tanto públicos como privados, que teñen a responsabilidade de elaborar e divulgar unha información obxectiva e libre de estereotipos sexistas, tanto en relación coas vítimas de violencia como a visibilización das mulleres en todos os ámbitos sociais. Asumindo a responsabilidade que lles corresponde na creación dunha opinión pública inspirada nos valores da igualdade.

*Os sindicatos, que teñen a responsabilidade de loitar contra a segregación e a discriminación no mundo laboral e de asumir a defensa da seguridade e a saúde de todas as traballadoras e traballadores. Deben aplicar unha perspectiva de xénero na sua acción sindical, utilizando todas as ferramentas na loita contra a discriminación, e o acoso, e na mellora das condicións laborais, especialmente dos sectores máis precarizados e vulnerábeis, tanto no ámbito rural como no urbano. Correspóndelles, como un dos máis importantes axentes sociais, un papel fundamental na sensibilización social a prol da igualdade, a corresponsabilidade e de rexeitamento do machismo e a misoxinia.

*A comunidade educativa, que ten a responsabilidade de detectar e atallar, no seu ámbito, actitudes machistas e situacións de violencia, formando en valores de igualdade, solidariedade, xustiza, liberdade e paz. Xerando dinámicas própias de renovación pedagóxica que garanticen unha educación en igualdade.

*O movimento veciñal, cultural, ecoloxista... que conforman un tecido social moi activo no noso país e de compromiso transformador, que teñen a responsabilidade de transmitir e aplicar os modelos de igualdade na hora de elaborar as súas alternativas, a súa práctica e o seu modelo organizativo, monstrando a súa solidariedade e irmandade co feminismo.

* As persoas crentes, que tenhem a responsabilidade de rexeitar o machismo e a misoxinia que emana, tanto das estruturas relixiosas, da doutrina, ou dos textos sagrados, buscando un novo modelo de espiritualidade que non perpetue a exclusión e opresión das mulleres.

* Os homens, que teñen a responsabilidade de amosar o seu rexeitamento, no día a día, ás actitudes machistas, desenvolvendo novos modelos de masculinidade, implicándose na sensibilización e concienciación social pola necesidade dun novo modelo de relacións afectivas e sexuais baseadas no respecto, a igualdade e a liberdade. Asumindo a corresponsabilidade no coidado (crianzas, persoas enfermas e de idade, traballo doméstico...), tan imprescindíbel para as persoas.

As mulleres, que temos a responsabilidade de non perpetuar un sistema que nos marxina, de rexeitar unhas relacións baseadas na sumisión e na desigualdade, que debemos implicarnos no proceso de empoderamento individual e colectivo, criando alianzas e cumplicidades que nos axuden a avanzar.

DOMINGO, 25 DE NOVEMBRO
ACUDE ÁS MOBILIZACIÓNS CONVOCADAS


Vigo, ás 12hs saída de Urzaiz (entrada a Príncipe).
A Coruña, ás 12hs no Obelisco.
Ferrol Terra, ás 12hs, Praza de Galiza, en Narón.
Pontevedra, ás 12hs Praza “8 de marzo”.
Costa da Morte, ás 12hs na Praza “8 de marzo” en Cee.
Compostela ás 12:30 na Praza “8 de marzo”.
_______________

20071017

Manifesto da Marcha Mundial das Mulleres - 17 Outubro 2007, no Día internacional de loita contra a pobreza

Manifesto da Marcha Mundial das Mulleres - 17 Outubro 2007
13-10-2007

Nós, mais unha vez, mobilizámonos neste 17 de outubro para denunciar e esixir o fin da opresión á que somos sometidas por ser mulleres, para acabar coa dominación, a explotación, o egoísmo e a procura desenfreada do lucro que traen inxustizas, guerras, colonizaciones, ocupacións e mais violencia.

Das nosas loitas feministas e as das nosas antepasadas que loitaron en todos os continentes, naceron novos espazos de liberdade para nós, as nosas fillas, os nosos fillos, para todas as nenas e os nenos que seguirán camiñando sobre a terra. No 2000 xuntamos 5 millóns de firmas esixindo o fin da pobreza e da violencia. O 2005 saímos ás rúas novamente convocando á humanidade por Igualdade, Liberdade, Xustiza, Paz e Solidariedade e tecendo os nosos soños mentres construímos a nosa manta mundial.

Hoxe, como antes, denunciamos o capitalismo, o patriarcado e as súas institucións como as corporacións transnacionais e as oligarquías nacionais, que extraen a súa riqueza da discriminación, opresión e explotación dos nosos pobos e especialmente as mulleres, do saqueo dos nosos territorios, auga, terra, biodiversidade, fontes de enerxía, e descoñecen os nosos dereitos individuais e colectivos. Denunciamos estes sistemas que se organizan con base nos privilexios dos homes sobre as mulleres, de brancos sobre negros e indíxenas, así como a exclusión das lesbianas, de inmigrantes e tantas situacións de vida consideradas por eles ?anormais?. Denunciamos o seu carácter represivo e de criminalización das nosas loitas.

Neste 17 de Outubro - Día internacional de loita contra a pobreza - chamamos a atención á realidade vivida por nós mulleres: o noso traballo de coidado á familia e á comunidade non é recoñecido e aumenta cos cortes do orzamento publico, temos menos propiedade e control dos recursos, temos salario menores, as condicións de traballo son precarias e as empresas controlan a nosa sexualidade e corpo. Non temos as mesmas oportunidades de estudo e os nosos coñecementos e cualificacións son menos recoñecidas. As conexións entre a pobreza e a violencia cara ás mulleres maniféstanse no tráfico e explotación sexual, no feminicídio, na utilización do corpo das mulleres como botín de guerra.

Recoñecemos as varias formas de opresión cara ás mulleres nos catro cantos do mundo. Tantas veces manifestámonos, e seguiremos o facendo, contra as ocupacións militares en Palestina, Afganistán, Líbano, Iraq. Neste momento particular relevamos a nosa solidariedade coas mulleres en loita en contra a ditadura militar en Birmania, que empezasen denunciando a alta dos prezos de combustibles e abrisen o camiño a monxes, estudantes e todo o pobo. Apoiamos ás compañeiras de Costa Rica no seu NON ao tratado de libre comercio de América Central con Estados Unidos. Empeñamos a nosa loita para superar a terrible violencia que sofren as mulleres nos conflitos armados na rexión de Kivu, Republica Democrática do Congo e Darfur, na rexión oeste de Súan.

Reafirmamos os nosos camiños para superar a pobreza e a violencia cara ás mulleres
:

Autonomía económica das mulleres e repartición da riqueza: Empregos dignos, con dereitos laborais e xusta remuneración; manexo, uso e control dos recursos e medios de vida; fortalecemento da economía solidaria; valorización do traballo reprodutivo e produtivo das mulleres. Non pago da débeda externa que atenta contra a soberanía dos países e vixilancia para os novos endebedamentos. Non negociar nin asinar tratados de libre comercio que teñan como obxectivo asegurar os intereses das transnacionales.

Por soberanía alimentaria e contra a privatización da natureza: Auto-xestión dos nosos recursos naturais que se basee nun modelo de desenvolvemento que respecte as necesidades básicas das xeracións presentes e futuras. Dereito a manter os nosos medios de vida, a producir os nosos propios alimentos da forma en que queremos producir e alimentarnos de acordo á nosa propia cultura.

Non máis violencia cara ás mulleres: Combate á violencia sexista que é un instrumento de control das nosas vidas, o noso corpo e sexualidade, de tornarnos obxectos sometidos á vontade do outro. Compromiso e medidas concretas do Estado, da sociedade, en particular dos movementos sociais, na prevención e punición da violencia cara ás mulleres.

Paz e desmilitarización: Pór un fin na impunidade e no uso do corpo das mulleres como botín de guerra e do estupro como arma de guerra. Participación das mulleres na resolución dos conflitos. Política de desarmamento, contra as ocupacións e a presenza militar estranxeira incluíndo bases e exercicios militares.

Ata que todas as mulleres sexan libres estaremos en marcha!


Granxa do Ulmeiro, Portugal, 08 Outubro 2007

[logo_marcha.gif] Comité Internacional Marcha Mundial das Mulleres
______________

Domingo 21 de Outubro, Homes Galegos pola Igualdade convocan unha concentración en Compostela conta a violencia machista

HOMES GALEGOS POLA IGUALDADE:
CONCENTRACIÓN CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA - 21 OUTUBRO - SANTIAGO DE COMPOSTELA


COLABORA PARTICIPANDO E DIFUNDINDO ESTA MENSAXE, É UN SINXELO PERO IMPORTANTE PASO PARA RACHAR COA VIOLENCIA

Homes Galegos pola Igualdade, convoca a toda a sociedade galega á

CONCENTRACIÓN CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA

Domingo 21 de outubro ás 12:00 h., na Praza do Toural en Santiago.

A violencia masculina contra as mulleres ten unha magnitude inaceptable, milleiros de mulleres maltratadas e decenas de mulleres mortas se repiten anualmente, o que supón un ataque intolerable aos dereitos humanos e as liberdades democráticas no noso país.

Quenes cremos na xustiza social e na igualdade, temos a obriga moral e política de esixir unha resposta firme ás nosas institucións, pero tamén temos a obriga de apoialas e poñer todos os recursos que estean ao noso alcance.

É preciso que toda a sociedade participe activamente no cambio da xerarquía de valores, é necesario que non calemos, que nos fagamos responsables, xa que o silencio fainos cómplices de que esta situación se perpetúe.

Nese día Sevilla, Madrid, Barcelona, Málaga, León, Santiago, e posiblemente outras cidades estarán unidas por un mesmo obxectivo, por unha mesma causa.

Dende aquí, Homes Galegos pola Igualdade, convoca a toda a sociedade galega a unha concentración o Domingo 21 de outubro ás 12:00 h., na Praza do Toural en Santiago.

Na que invita á participación activa, ás persoas responsables políticas de Galicia que cada día máis introducen a perspectiva de xénero nas súas axendas, ás asociacións de mulleres que traballan dende hai décadas pola erradicación da violencia e o apoio ás vítimas, ás persoas que dende os seus entornos de traballo (Medios de comunicación, Universidades, Concellos, centros educativos, CIMs, Xulgados, Servizos Sociais, as Forzas e Corpos de Seguridade, etc) que todos os días poñen o seu gran de area, nesta, cada día máis tupida rede de persoas que loitan contra a violencia.

Pero particularmente queremos incentivar a participación dos homes que asumen o compromiso de enfrontarse a calquera conduta que supoña desconsideración ou maltrato de calquera tipo cara as mulleres e cara a infancia, porque somos os homes os primeiros que temos que rachar coa complicidade que temos cos homes que exercen violencia.

Grazas, vémonos en Santiago.

Cómo criar un grupo de homes profeministas?:

Homes Galegos Pola Igualdade

Avda. Buenos Aires, 26 – 1º
36500 Lalín (Pontevedra)

Tels.: 661 181 725 – 609 827 021 - 619 861 242
609 276 501 - 661 582 721
e-mail:
homesgalegospolaigualade@yahoo.es
_______________

20071015

Manifesto da Marcha Mundial das Mulleres no Día internacional de loita contra a pobreza

Manifesto da Marcha Mundial das Mulleres
17 de Outubro de 2007
Día internacional de loita contra a pobreza

Nós, mais unha vez, mobilizámonos neste 17 de outubro para denunciar e esixir o fin da opresión á que somos sometidas por ser mulleres, para acabar coa dominación, a explotación, o egoísmo e a procura desenfreada do lucro que traen inxustizas, guerras, colonizaciones, ocupacións e mais violencia.

Das nosas loitas feministas e as das nosas antepasadas que loitaron en todos os continentes, naceron novos espazos de liberdade para nós, as nosas fillas, os nosos fillos, para todas as nenas e os nenos que seguirán camiñando sobre a terra. No 2000 xuntamos 5 millóns de firmas esixindo o fin da pobreza e da violencia. O 2005 saímos ás rúas novamente convocando á humanidade por Igualdade, Liberdade, Xustiza, Paz e Solidariedade e tecendo os nosos soños mentres construímos a nosa manta mundial.

Hoxe, como antes, denunciamos o capitalismo, o patriarcado e as súas institucións como as corporacións transnacionais e as oligarquías nacionais, que extraen a súa riqueza da discriminación, opresión e explotación dos nosos pobos e especialmente as mulleres, do saqueo dos nosos territorios, auga, terra, biodiversidade, fontes de enerxía, e descoñecen os nosos dereitos individuais e colectivos. Denunciamos estes sistemas que se organizan con base nos privilexios dos homes sobre as mulleres, de brancos sobre negros e indíxenas, así como a exclusión das lesbianas, de inmigrantes e tantas situacións de vida consideradas por eles ?anormais?. Denunciamos o seu carácter represivo e de criminalización das nosas loitas.

Neste 17 de Outubro - Día internacional de loita contra a pobreza - chamamos a atención á realidade vivida por nós mulleres: o noso traballo de coidado á familia e á comunidade non é recoñecido e aumenta cos cortes do orzamento publico, temos menos propiedade e control dos recursos, temos salario menores, as condicións de traballo son precarias e as empresas controlan a nosa sexualidade e corpo. Non temos as mesmas oportunidades de estudo e os nosos coñecementos e cualificacións son menos recoñecidas. As conexións entre a pobreza e a violencia cara ás mulleres maniféstanse no tráfico e explotación sexual, no feminicídio, na utilización do corpo das mulleres como botín de guerra.

Recoñecemos as varias formas de opresión cara ás mulleres nos catro cantos do mundo. Tantas veces manifestámonos, e seguiremos o facendo, contra as ocupacións militares en Palestina, Afganistán, Líbano, Iraq. Neste momento particular relevamos a nosa solidariedade coas mulleres en loita en contra a ditadura militar en Birmania, que empezasen denunciando a alta dos prezos de combustibles e abrisen o camiño a monxes, estudantes e todo o pobo. Apoiamos ás compañeiras de Costa Rica no seu NON ao tratado de libre comercio de América Central con Estados Unidos. Empeñamos a nosa loita para superar a terrible violencia que sofren as mulleres nos conflitos armados na rexión de Kivu, Republica Democrática do Congo e Darfur, na rexión oeste de Súan.

Reafirmamos os nosos camiños para superar a pobreza e a violencia cara ás mulleres:

Autonomía económica das mulleres e repartición da riqueza: Empregos dignos, con dereitos laborais e xusta remuneración; manexo, uso e control dos recursos e medios de vida; fortalecemento da economía solidaria; valorización do traballo reprodutivo e produtivo das mulleres. Non pago da débeda externa que atenta contra a soberanía dos países e vixilancia para os novos endebedamentos. Non negociar nin asinar tratados de libre comercio que teñan como obxectivo asegurar os intereses das transnacionales.

Por soberanía alimentaria e contra a privatización da natureza: Auto-xestión dos nosos recursos naturais que se basee nun modelo de desenvolvemento que respecte as necesidades básicas das xeracións presentes e futuras. Dereito a manter os nosos medios de vida, a producir os nosos propios alimentos da forma en que queremos producir e alimentarnos de acordo á nosa propia cultura.

Non máis violencia cara ás mulleres: Combate á violencia sexista que é un instrumento de control das nosas vidas, o noso corpo e sexualidade, de tornarnos obxectos sometidos á vontade do outro. Compromiso e medidas concretas do Estado, da sociedade, en particular dos movementos sociais, na prevención e punición da violencia cara ás mulleres.

Paz e desmilitarización: Pór un fin na impunidade e no uso do corpo das mulleres como botín de guerra e do estupro como arma de guerra. Participación das mulleres na resolución dos conflitos. Política de desarmamento, contra as ocupacións e a presenza militar estranxeira incluíndo bases e exercicios militares.

¡Até que todas as mulleres sexan libres estaremos en marcha!

Granxa do Ulmeiro, Portugal, 08 Outubro 2007

Comité Internacional Marcha Mundial das Mulleres
Rua Ministro Costa e Silva, 32,
Pinheiros, CEP 05417-080, São Paulo, SP
BRASIL
Fone/fax: (11)3819-3876

_____________________

20071003

Pontevedra, 20 de Outubro: A prostitución a debate

Pontevedra, 20 de Outubro:
A prostitución a debate

MMM Marcha galiza -marchagaliza@gmail.com-
3 de outubro de 2007 00:38
Para: marchagaliza@feminismo.info
A PROSTITUCIÓN A DEBATE

A Marcha Mundial das Mulleres organiza o próximo día 20 de outubro, unha xornada aberta de debate sobre a prostitución. No arquivo encontraredes o programa e o cartaz. Agardamos a vosa asistencia.

A inscripción realizarase mediante pago de 20€ no nº da conta da Marcha Mundial das Mulleres:

CAIXA GALICIA: 2091-0377-71-3040005610

No recibo deberá constar o nome e a localidade.

Eses 20€ comprenden os cafés de media mañá e tarde, e o xantar do mediodía.

Pódese contactar por teléfono coas coordenadoras de Vigo(657825556 ), Ferrol (652201003), Pontevedra (669794462) e A Coruña (649372511).

--
Coordenadora Nacional Galega
Marcha Mundial das Mulheres
Marcha mundial das Mulleres
Avda de Lugo 143, baixo
15703 Compostela-Galiza
CIF G-15773013
tlf 652201003-657825556-667531529
http://www.feminismo.info


Se o necesitades podedes copiar o cartaz e folleto aquí:
Cartaz en formato -jpg-
Folleto en formato -jpg-
_____________

20070625

Concentraçom de repulsa polo assassinato de Estrella Geremias














Dua moças da Coordenadora Local da Marcha Mundial das Mulheres en Ferrolterra colocavam numha farola da praça do concelho umha fita co nome de Estrella Geremias, última vítima da violência machista em Galiza. A praça nesse momento atopava-se enchida cos siareiros da equipa local de futebol para festejar o ascenso a segunda divissom. Umha acertada mediaçom das concelheiras permitiu que a megafonia preparada para receber à equipa, fose utilizada para denunciar a situaçom de violência na que vivem muitas mulheres, para denunciar que essa violencia tem a súa raiz numha sociedade patriarcal que somete às mulheres e que o silencio ante situaçons de violência machista convirte-se em cumplicidade. Nem na casa, nem na rua, nem na economia, nem na religiom, nem na política devemos permitir o sometemento e a discriminaçom.

20070624

Concentración en Oleiros polo asesinato de Estrella Geremias

A pesares dos intentos normativos, é dicir, das diferentes leis e medidas promulgadas nos últimos tempos, -tanto a nivel internacional, como do estado español, como da propia Galiza-, a situación de desigualdade e desprotección das mulleres ante a violencia que sófremos cada día, segue a ser un feito notorio e indiscutible.

Nesta sociedade as mulleres estamos exportas –todas nos, sen excepción-, á violencia, ao maltrato, ao asasinato.

Todas as mulleres somos vítimas potencias e reais –moitas de nos-, do esquema machista desta sociedade.

Seguemos sen ter garantías reais para:
manter a nosa dignidade como mulleres
exercer os nosos dereitos de liberdades e oportunidades sociais máis básicos.

Seguimos loitando contra os múltiples prexuízos patriarcais desta sociedade, que nos considera elementos inferiores.

Considérannos INFERIORES até o punto que non se respecta –nin sequera- a nosa integridade física.

As mulleres seguimos sumando dentro dunhas estatísticas (absolutamente impersoais), como un número ao alza de mortas e sufridoras de lesións graves.

Independentemente das actuacións legais e políticas de sensibilización contra o machismo, mentres a sociedade –no seu conxunto- permitamos:

prácticas de discriminación tradicionais.
distribucións estereotipadas dos papeis asignados entre sexos
imaxe de dominación dun sexo sobre o outro.
machismo e misoxinia nos usos da linguaxe, etc.

Mentres nos conformemos, nos habituemos, a ser un número máis nas estatísticas, NON SE FREARÁN AS MORTES.

Debemos loitar con forza para que a nosa visibilidade como mulleres sexa una realidade indiscutíbel.

O común plural foi sempre masculino, mais foi así porque o masculino era o elemento preponderante na sociedade ao longo da historia.

Hoxe, sen embargo, todas sabemos que a metade da poboación –a metade da sociedade- é feminina.

As mulleres, polo tanto, temos o dereito a ser clasificadas como seres respetábeis en toda a nosa integridade.

A sociedade –e desde logo os homes que forman parte dela- deben saber dunha vez por todas que:

Temos os mesmos dereitos
Temos as mesmas liberdades

Non somos zorras, nin putóns, polo feito de desfrutar da nosa liberdade.

Queremos e aceptamos con orgullo a feminización dunha sociedade que tradicionalmente foi dos homes, máis negámonos a vivir nun papel subordinado.


As leis demóstrannos con cada morte –dunha de nos-, que NON son suficientes.

Acabamos de pasar unhas votacións. Votar tampouco é suficiente.

ESIXIMOS DECIDIR:

Sobre a nosa capacidade de expresión
sobre a nosa capacidade de traballo
sobre os nosos erros
sobre a nosa sexualidade
sobre as nosas amizades
SOBRE A NOSA PROPIA VIDA

Non queremos ser mulleres abnegadas, tampouco queremos que nos traten como raíñas.

QUE NOS DEIXEN VIVIR

QUE NOS RESPECTEN

QUE NON NOS MATEN POR SER MULLERES

QUE NON SOMOS DE NINGUÉN

QUE SOMOS PARTE ACTIVA E VINCULADA A ESTA SOCIEDADE

QUE SOMOS MULLERES



COMUNICADO DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES, LEIDO POR PURA FERREÑO NA CONCENTRACIÓN DO 23 DE XUÑO DE 2007, SÁBADO, ÁS 19,00, NA CASA CHARRY (OLEIROS – A CORUÑA), EN REPULSA POLO ASESINATO DE ESTRELLA GEREMIAS
Foto Almara

20070623

Acto de solidariedade con Atenco en Compostela

Mércores 27 de Xuño ás 20hs na Galeria Sargadelos de Compostela, a Secretaría das Mulleres do Sindicato Labrego Galego organiza un acto de visibilización das reivindicacións campesinas de Atenco, e denuncia da forte represión sufrida pola reivindicación das súas teras.
Martha Pérez Pineda, é orixinaria de San Francisco Acuexcómac,
concelllo de San Salvador Atenco, estado de México.
É psicóloga. Ten 46 anos. É representante do Frente de Pueblos
en Defensa de la Tierra ( F.P.D.T) de San Salvador Atenco.O seu pai
é ejidatario, ten unha hectárea. Participou no movemento social en defensa
das nosas terras desde o 22 de outubro de 2001.
San Salvador Atenco significa: á beira do lago.
Son pobos orixinarios ubicados na beira do ex-lago de Texcoco.

-Representa a loita pacífica dos nosos pobos.
-Lograron a victoria e recuperamos as nosas terras.
-Foron reprimidos/as salvaxemente.
-Actualmente loitn pola liberdade dos seus/suas presos/as políticos/as.


A finais do 2001 o pobo de San Salvador de Atenco levantouse contra o
espolio das súas terras por parte do goberno Mexicano. Como parte do famoso
Plan Poboa-Panamá, oficialmente decretábase a expropiación de máis do
80% do territorio de Atenco e case todo o poboado de Ixapan para a
construción dun novo aeroporto internacional. Decretouse o prezo de 7,20
pesos (0.5 euros) por metro cadrado (rústico ou urbanizable).
Ante o decreto o pobo de San Salvador Atenco saíu á rúa e organizouse
na Fronte de Pobos en Defensa da Terra. Non pedían un prezo mellor polas
súas terras, ao contrario esixían o seu dereito de continuar as súas vidas, de
preservar a súa cultura e as súas tradicións. Trátase de pequeno campesinado,
ejidatario (minifundio) na súa maioría. Ademais todos os informes sobre impacto
ambiental sinalaban o desastre que suporía a construción do
aeroporto. Durante o conflito o goberno mexicano presento cargos contra
moitos e moitas habitantes de Atenco. Entre eles, o de secuestro pola
retención dalgúns funcionarios.
Tras esta longa e dolorosa loita, o pobo de San Salvador Atenco gañou esta
primeira batalla e o aeroporto non se construíu. Ademais o goberno comprometeuse,
e así o fixo, a retirar os cargos, como o de secuestro ou desorde pública.
Desgraciadamente, a guerra do goberno contra os campesiños, indíxenas,
contra o pobo de Atenco, non fixera máis que empezar. En maio do
ano pasado, 2006, o movemento social do pobo de Atenco, organizado na
Fronte de Pobos en Defensa da Terra apoiaban as reivindicacións de vendedores
de flores tradicionais, quen foran expulsados do
mercado local que colinda co proxecto dun megasupermecado
multinacional. Utilizando este feito como escusa (existen rumores que falan
do renacemento do proxecto do aeroporto) e como un xesto exemplar de castigo
e desgaste, o exercito e a policía atacaban brutalmente aos
campesiños.
Un mozo de 14 anos foi asasinado polas forzas gobernamentais.
Máis de 47 mulleres foron arrestadas e trasladadas ao cárcere nun autobús.
Durante o traslado máis de 37 mulleres foron violadas e unha decena sufriron
outros abusos sexuais por parte do exército e a policía.
Brutalidade e torturas por centos de persoas detidas (29 aínda permanecen
nos cárceres) e un longo etcétera de violacións contra os dereitos
humanos foi o resultado do ataque das forzas gobernamentais. As
casas daqueles sinalados como "lideres" por un encapuchado foron
esnaquizadas polo exército. Romperon todo o que atoparon ao seu paso.
Roubaron o diñeiro e calquera cousa que consideraron de valor.
O alto tribunal de México xa ditaminou que houbo unha violación dos
dereitos humanos nos feitos de maio. Desgraciadamente as recentes
resolucións xudiciais contra as persoas presas non foron precisamente
xustas. Máis ben, todo o contrario.

Consideramos necesario denunciar estes feitos e, por iso e co lema Atenco
non se vende unha compañeira de Atenco está en Europa para denuncialos.
Ls principais obxectivos da xira desta compañeira resúmense no seguinte:

1. Denunciar a represión brutal á que se ve sometida a poboación
de Atenco, facendo especial fincapé na violación de dereitos
humanos ocorrida en maio do ano pasado.
2. Esixir á Unión Europea que rompa o seu tratado de libre comercio
con México. Xa que en devandito tratado existe unha cláusula sobre a
obrigación de respectar os dereitos humanos como condición
indispensable para a validez do acordo. Ao mesmo tempo,
denunciar as consecuencias desastrosas que devanditos acordos
de libre comercio provocan na estabilidade económica e social de
miles de comunidades.
3. Esixir a retirada dos cargos de aprehensión contra as persoas
detidas en Atenco no 2001, así como a liberación das
encarceradas durante o conflito de maio do 2006.
4. Conseguir o apoio de organizacións de mulleres para denunciar,
dentro dos movementos feministas, a violación das 37
compañeiras, así como dos abusos sexuais sufridos por outra
decena, como arma de guerra e sementa do terror. Unha estratexia
que intenta desgastar e destruír o movemento social, atacando con
especial vehemencia e brutalidade ás súas mulleres.
5. Ademais do apoio político, é necesario nestes momentos un
apoio económico, que permita á fronte de Pobos en Defensa da
Terra facer fronte aos pagos do equipo de avogados que se ocupan
da defensa tanto das persoas presas como daquelas
que se atopan en "busca e captura" con ordenes de aprehensión
do 2001.
6. Un último punto importante, é a necesidade da maior
visualización posible, a través dos medios, así como contactos
con organizacións de dereitos humanos, que sexan de apoio á
compañeira que vén de Atenco. Ela é unha das vítimas da
represión, e atópase acusada de secuestro durante o conflito
do aeroporto. Unha acusación de secuestro que carece de ?secuestrado?.
Pero por esta acusación podería ser condenada
a máis de 20 anos de prisión.

20070622

Solidariedade coas mulleres de Atenco


O vindeiro LUNS 25 DE XUÑO, estará en Vigo- CASA DAS MULLERES, ÁS SETE E MEIA DA TARDE- unha representante do povo de ATENCO (México) que están levando unha forte loita na defensa da sua terra e dos seus postos de traballo en contra dos proxectos máis ultraliberais do estado mexicano e que sofren unha forte represión por parte do exército e a policia.