skip to main |
skip to sidebar
14 de xullo, Encontro coas delegadas galegas em Compostela
Na cidade de Lima clausurouse o VI Encontro Internacional da Marcha Mundial das Mulleres. O obxectivo deste encontro foi a aprobación do Plan Estratéxico da Marcha e as accións até o 2010.Os bloques de discussión xiraron ao redor dos temas da violencia contra as mulleres, a desmilitarización, a soberania alimentaria, a biodiversidade, o traballo das mulleres e o aceso aos recursos. Aprobouse o traslado do Secretariado Internacional de Quebec a Brasil.
Galiza enviou dúas delegadas a Lima, Barbara Primo e Laura Anhom. A Coordenadora galega celebrará un encontro aberto con estas delegadas o próximo día 14 de xullo ás 20 hs na sede da Marcha Mundial das Mulleres en Compostela, situado na Avda de Lugo nº143 baixo.Haberá proxección de fotografías do Encontro e relato da experiencia das delegadas, ademais de petiscos e música.
Agardamos a vosa presencia e que difundades este convite. http://www.feminismo.info
Nenhum comentário:
Postar um comentário