20060720

Comunicado da organización CODEPINK diante dos ataques contra o Libano


As xentes do Oriente Medio están sufrindo unha vez máis como os militaristas de todos os lados lanzaron outra devastadora ronda de violencia -- esta vez entre Israel e Líbano. Cada bomba lanzada, cada crianza morta, representa o noso fracaso colectivo de vivir xuntos e xuntas coma unha familia humana, e a ascensión do militarismo irracional por encima dos valores da empatía e a compasión.

EStamos horrorizadas non só pola violencia en sí mesma, senón tamén pola carencia de autoridade (liderazgo) internacional para tratar de parala. Isto é especialmente certo para aquelas de nós que estamos vivindo nos Estados Unidos: mentres o mundo está berrando pola intervención global para parar esta loucura, o noso governo está bloqueando á comunidade internacional en canto á petición dun alto o fogo -- confundindo o dereito de Israel de defenderse coa opción de asasinar civiles inocentes y voar polos aires pontes, aeroportos e centrais eléctricas libanesas.

A pesar de que os mortos e mortas libaneses exceden de 200, e os israelís suman 24, os esforzos para voltar á diplomacia veñen de atoparse con extremo escepticismo. O pasado xoves día 13 de xullo, en resposta a Israel lanzando masivos e novos ataques militares na Franxa de Gaza polo secuestro dun soldado israelí, o Consello de Seguridade da ONU introduciu unha resolución chamando a TODAS as partes a exercer o "refrenamento". Esta resolución foi vetada por John Bolton, Embaixador de USA na ONU. O domingo, a ONU intentou chamar a un alto o fogo entre Israel e Hezbollah, e unha vez máis foi bloqueado por USA.

Mentres tanto, as novas sobre Iraq caeron ás últimas páxinas dos nosos xornais, a pesar do feito de que arredor de 100 civís foron asasinados nos últimos días. Unha vez máis, nós pensamos que o governo de USA impide os esforzos do governo iraqí e os oponentes armados para camiñar hacia un plan de reconciliación que incluiría a retirada das tropas USA.

Hoxe é o decimosexto día de nosa folga de fame en Washington DC e en todo o mundo. Mentre continuamos coas miras postas en traer as nosas tropas a casa desde Iraq, tamén incorporamos a chamada ao fin da violencia en todo o Oriente Medio no noso traballo de paz, e especificamente nos nosos obxectivos da campaña "Troops Home Fast". É en momentos coma este cando a folga de fame (xexún) pode profundizar o noso compromiso e reforzar a visión do mundo no que queremos vivir.
Con esperanza que non morre pola paz,

Allison, Dana, Erin, Farida, Gael, Jodie, Katie, Laura, Medea, Meredith, Nancy, Rae, Samantha and Tiffany
Cando o noso governo falla permitindo este sufrimento, nosoutras -como cidadás responsables- debemos actuar. Aquí hai varias suxestións:

1. Contactar co Embaixador John Bolton no e-mail usa@un.int e pedirlle que chame ao alto o fogo
2. Contactar co Secretaria Xeral da ONU Kofi Annan e pedir que a ONU debe mostrar liderazgo e autoridade e demandar o alto o fogo. Email: sg@un.org e/ou fax: (212) 963-1921
3. Realizando manifestacións locais e vixilias....
4. Unirse á folga de fame. Estamos na terceira semana de folga de fame, na que xa participaron arredor de 4000 persoas.

Nenhum comentário: