Estamos aquí unha vez mais, porque hoxe morreu outra muller galega, victima da violencia contra as mulleres.
Mªdel Carmen, seguro que levaba aguantando o maltrato do seu home moito tempo, e aínda que aparentaba ser un bó veciño, non era un bó marido nin un bó pai, xa que Mªdel Carmen púxose no medio dun coitelo que ameazaba ó seu fillo e que acabou ca súa vida, tendo testemuñas que os oian bater e berrar, testemuñas que ficaban mudas como a maioría desta sociedade..
Con este acto queremos dar o noso apoio a todas as mulleres que esten sufrindo en silencio a violencia dos seus compañeiros.
E animandoas a denunciar vou a ler unha poesía que fixen para o 25 de novembro do 2005.
beizos secos de bicos infames
pensamentos encadeados na afectividade
non podo rachar con esta condena
que me ten sometida ata saturarme
de sentimentos empobrecidos
que se gangrenan con cada caricia
caricias que son preámbulos
de noites frías e días de soidade
caricias enlazadas con tantas mentiras coñecidas
caricias que nun instante trócanse por palabras ácidas
caricias que rematan estrangulando a esperanza
non sexas prisioneira das caricias que te oprimen
rompe as reixas da cela que te someten
que non te deixan ser
desvencellate da farsa desas caricias e querete
si...querete,nalgun lugar estás tí....MULLER
Concentración da MMM.6/02/2007 asasinato de Mº del Carmen (Meaño)
Paulina López Brage
7 de Fevereiro de 2007
Nenhum comentário:
Postar um comentário