20071129

Así foi o 25N2007 da Marcha Mundial das Mulleres na Galiza

25N2007, Día Internacional da Loita Contra a Violencia de Xenero, na Galiza

“PODEMOS ACABAR COA VIOLENCIA MACHISTA, CADA QUEN DESDE A SÚA RESPONSABILIDADE”

Un ano máis a Marcha Mundial das Mulleres, convocou en toda Galiza actos e mobilizacións para manifestar a nosa repulsa contra a violencia machista. As nosas mobilizacións están en consonancia coas celebradas en cidades e vilas de todo o Planeta. A rede internacional da Marcha emiteu unha Declaración desde a súa Secretaria Internacional convidando a mobilizar-nos nesta Xornada internacional de loita contra a violencia cara ás mulleres. Cinco Coordenadoras Locais xunto coa Coordenadora Nacional Galega,convocaron entre outros actos cinco concentracións [A Coruña, Compostela, Costa da Morte, Ferrol Terra e Pontevedra] e unha manifestación en Vigo.

Editaron-se miles follas informativas que se repartiron por todos os recunchos da Nosa Terra, cun Manifesto redactado en consenso desde a Coordenadora Nacional Galega, no que, ademais de analizar a situación actual e as necesidades desta loita, nomeamos, un por un, todos aqueles sectores que comparten a responsabilidade para rematar coa secuela da violencia machista: organizacións políticas, medios de comunicación, sindicatos, comunidade educativa, movementos asociativos, persoas crentes, homes e mulleres…

A través do campaña “PODEMOS ACABAR COA VIOLENCIA MACHISTA, CADA QUEN DESDE A SÚA RESPONSABILIDADE”, convidamos a todos os colectivos e sectores sociais a loitar para rematar con este tipo de violencia. Cremos que todas as persoas que queren unha sociedade máis xusta e democrática deben asumir a súa responsabilidade nesta tarefa.

Por isto, sumámonos, unha vez máis, as iniciativas europeas da Marcha Mundial das Mulleres e sacamos á rúa uns brazaletes como símbolo de duelo por cada unha das vítimas, coa finalidade de conseguir que o maior número de persoas fagamos un xesto para visibilizar o noso rexeitamento á violencia machista.

Para os brazaletes, que se repartiron en todas as mobilizacións, empregamos as cores de loito: negro, branco e violeta e dúas frases que reflicten con rotundidade a nosa posición ante este tipo de violencia:

  • “Podemos acabar coa violencia machista”
  • “Eu non son cómplice da violencia machista”

O brazalete, vai acompañado dunhas pequenas instrucción de interese, pois podemos utiliza-lo:

  • Cada 25 de novembro, Día Internacional de Loita contra a Violencia de Xénero.
  • Cada vez que participemos nunha concentración de repulsa contra a violencia machista.
  • As veces que consideremos necesario mostrar o noso rexeitamento da violencia machista, no noso posto de traballo, no noso lugar de lecer, no noso ámbito familiar...

Na maioría das mobilizacións apresentaou-se a Campaña "PODEMOS ACABAR COA VIOLENCIA MACHISTA, CADA QUEN DESDE A SÚA RESPONSABILIDADE":

Cunha representación artística a través da lectura do manifesto nacional galego, combinando música e plástica, para realizar un simbolismo sobre o que a Marcha Mundial das Mulleres quere expresar neste 25 de novembro: a necesidade da unidade de todos os sectores que aspiran a transformar esta sociedade para converti-la nunha sociedade inspirada nos valores de igualdade.

Perante os quince dias anteriores mulleres da Marcha Galega, participaron en diferentes xornadas, encontros, roldas de prensa, entrevistas radiofónicas e outras actividades por diferentes vilas e cidades da Galiza, mesmo a Marcha Mundial das Mulleres na Galiza, recibeu o Premio "Eu Tamén navegar", que concede a Xunta de Galiza [Goberno da Comunidade Autónoma], que é un recoñecemento polo noso traballo desenvolvido a prol dos dereitos das mulleres.

Enlaces das Actividades da Marcha deste 25N2007

Enlaces cos manifestos e Declaracións:

Nenhum comentário: