20071125

Palabras de Anxela Lagoa agradecendo o premio "Eu tamén navegar"

"A Marcha Mundial das Mulleres, agradece sinceiramente este recoñecemento por todo o que significa. Para nós, as mulleres da Marcha que participamos a título individual ou que representamos tamén a outras organizacións recibimos con moita ilusión e responsabilidade este recoñecemento polo noso traballo desenvolvido a prol dos dereitos das mulleres.

O valoramos moi positivamente porque cremos que detrás del, está o valor que as mulleres galegas lle están a dar ao esforzo colectivo das mulleres que participamos na Marcha.

Ademais cremos que as persoas que forman o xurado deste premio “Eu tamén navegar” consideran que ás accións, os obxectivos e os camiños que a MMM percorre están a axudar ás mulleres e axudando á sociedade en xeral, para que nela rixan os principios da Marcha; a xustiza, a paz, a solidariedade, a igualdade e a liberdade.

O movemento feminista da Marcha, pretende erradicar a violencia de xénero, non só visibilizando esta problemática social tan grave e con tantas formas, senón facendo cambios, transformacións. A violencia machista é un problema que só lle afecta ás mulleres, pero somos todas e todos, persoas, colectivos, institucións..., as que modificando as estructuras patriarcais, cada quen dende a súa responsabilidade, podemos poñer fin a esta violencia que ten as súas causas no machismo ou sexismo, no patriarcado ensinado que pretende controlar, dominar e subordinar ás mulleres, para lograr a súa obediencia e disponibilidade.

Por iso a Marcha, aínda que considera esencial que se leve a cabo unha atención integral e efectiva, das mulleres víctimas de violencia, o que pretende e destarrar as causas da violencia, construír outro mundo posible, onde as mulleres aprendamos a empoderarnos, para que o noso punto de vista conciliador, negociador, o noso liderazgo ¿entrañable?, como dí Marcela Lagarde, se instaure nunha democracia real e os homes rechacen o modelo masculino patriarcal e deixen de ser cómplices dos maltratadores e asasinos de mulleres. A sociedade, temos que decirlles que están sós, illados, que non teñen cabida no mundo que queremos vivir, que son culpables e merecedores de castigo. E ás mulleres sobre as que exercen violencia dicirlles, non estades soas, non sodes culpables senón que sodes merecedoras de respecto, de autonomía e de independencia, de amor, de solidariedade, de xustiza, merecedoras de sorrisos, bicos e apertas.

E hoxe, se nos brinda a oportunidade de facer un chamamento a todas as mulleres, que dalgunha maneira son partícipes neste recoñecemento, para que apoien a loita feminista, para que entre todas marchemos polos camiños da igualdade e logremos facer cambios que consigan mellorar a calidade de vida das mulleres e dos homes, para facer desaparecer a pobreza e a violencia deste mundo.

A MMM, para mín, representa, esa maneira de facer e de ver as cousas que temos as mulleres, que aínda sendo tan diferentes e vivindo en distintos lugares, sabemos unir, entrelazar forzas, crear amizade e compañeirismo. Para mín e creo que para todas as mulleres que estamos e estarán na Marcha, o feminismo fainos reflexionar, danos ansias e gañas, danos optimismo e forza, danos seguridade. A min, particularmente, faime sentir moito mellor persoa e logra que entenda e respete, que entenda a importancia das reivindicacións e da solidariedade internacional entre mulleres. Por iso, debo e teño que dicirlles as mulleres e organizacións de mulleres que se acheguen ao feminismo da Marcha, que se unan aos valores do feminismo, que a Marcha tamén é delas e así todas xuntas, encherémonos de orgullo sabendo que estamos participando en lograr cambios, para que as mulleres teñan de verdade dereito a unha vida libre de violencia. Grazas. "

Nenhum comentário: