20070128

importante: Convocatoria dumha concentración de apoio ao si no referendum do aborto en Portugal

AS MULLERES TEMOS DEREITO A DECIDIR SOBRE O NOSO CORPO E AS NOSAS VIDAS

SOLIDARIEDADE COAS MULLERES PORTUGUESAS
SÍ, NO REFERENDUM POLO DEREITO AO ABORTO EN PORTUGAL

O vindeiro mes de febreiro Portugal sométese a un referendo co fin de despenalizar o aborto. As redes feministas do pais veciño pídennos colaboración para facer máis resaltable este feito, vital no libre dispor das mulleres nos seus corpos.

Como medida de apoio dende a Marcha Mundial das Mulleres na Galiza decidimos

CONVOCAR UNHA CONCENTRACIÓN
DIANTE DO CONSULADO PORTUGUES DE VIGO,

(rúa Marqués de Valladares, 23)
O XOVES, 1 DE FEBREIRO, ÁS 8 DA TARDE

Animámosvos a participar desta iniciativa así como a reenviar este correo ós vosos contáctos.


Un saúdo Feminista dende a Marcha Mundial das Mulleres na Galiza


SOLIDARIEDADE COAS MULHERES PORTUGUESAS

11 DE FEVEREIRO, REFERENDUM POLO ABORTO EM PORTUGAL

O 18 de Janeiro cumprem-se 5 anos da leitura da sentença de Maia pola que se condeava a 17 mulheres por delito de aborto em Portugal. A este julgamento soman-se os de Aveiro, Lisboa, Setubal e umha apretadissima vitória do NOM no referendum polo aborto realizado em 1998, no que a abstençom subiu até um 70%.

Na Marcha Mundial das Mulheres na Galiza consideramos o aborto como um direito fundamental das mulheres que permite a soberania sobre o propio corpo, garantindo a escolha dumha maternidade desejada e responsável.

Som 6 ainda os paises europeios que negam este direito: Chipre, Irlanda, Polonia, Malta, Portugal e o principado de Andorra. Nom se pode negar a influência da hierarquia católica quando estes estados legislam contra os direitos das mulheres.

O referendum portugues do próximo dia 11 de Fevereiro converte-se pois num referente para todas as mulheres da Europa que podem ver como se avança ou se retrocede nos seus direitos numha comunicade geográfica, cultural e económica que di defender a igualdade e os direitos das mulheres.

Monstramos a nossa solidariedade com todas as organizaçons portuguesas que fam apoio ao SIM neste referendum, e com toda a cidadania portuguesa que trabalha por umha sociedade onde os valores da Igualdade, a Justiça, a Liberdade, a Solidariedade e a Paz, inspirem a construçom da sociedade portuguesa, europeia e mundial.

CONCENTRACIÓN
DIANTE DO CONSULADO PORTUGUES DE VIGO,

(rúa Marqués de Valladares, 23)
O XOVES, 1 DE FEBREIRO, ÁS 8 DA TARDE

Coordenadora Nacional da Marcha Mundial das Mulheres na Galiza

--
Coordenadora Nacional Galega
Marcha Mundial das Mulheres
Marcha mundial das Mulleres
Avda de Lugo 143, baixo
15703 Compostela-Galiza
CIF G-15773013
tlf 652201003-657825556-667531529
http://www.feminismo.info

20070117

Urxente solidariedade coas mulleres portuguesas

O vindeiro mes de febreiro Portugal sométese a un referendo co fin de despenalizar o aborto. As redes feministas do pais veciño pídennos colaboración para facer máis resaltable este feito, vital no libre dispor das mulleres nos seus corpos, e como medida de protesta dende a Marcha Mundial das Mulleres na Galiza, decidimos bloquear os correos electrónicos da Embaixada Portuguesa e dos Consulados cun envío masivo de mails amosando o noso rexeitamento á situación actual.

Este envío farase o vindeiro día 18 de Xaneiro, coincidindo coas sentencias que condearon a 17 mulleres no 2003 por levar acabo prácticas abortivas.

Animámosvos a participar desta iniciativa así como a reenviar este correo ós vosos contáctos. Para elo basta con que cliquedes nos enderezos da embaixada e consulados e logo "seleccionar, copiar e colar" no texto que vai a continuación.

Un saúdo Feminista dende a Marcha Mundial das Mulleres na Galiza.

correo-e:

mail@cgsev.dgaccp.pt,

mail@cgmad.dgaccp.pt,

mail@cgbar.dgaccp.pt,

mail@cgvig.dgaccp.pt,

embaportugal@telefonica.net



Coordenadora Nacional da Marcha Mundial das Mulheres

http://www.feminismo.info


SOLIDARIEDADE COAS MULHERES PORTUGUESAS

11 DE FEVEREIRO, REFERENDUM POLO ABORTO EM PORTUGAL


O 18 de Janeiro cumprem-se 5 anos da leitura da sentença de Maia pola que se condeava a 17 mulheres por delito de aborto em Portugal. A este julgamento soman-se os de Aveiro, Lisboa, Setubal e umha apretadissima vitória do NOM no referendum polo aborto realizado em 1998, no que a abstençom subiu até um 70%.

Na Marcha Mundial das Mulheres na Galiza consideramos o aborto como um direito fundamental das mulheres que permite a soberania sobre o propio corpo, garantindo a escolha dumha maternidade desejada e responsável.

Som 6 ainda os paises europeios que negam este direito: Chipre, Irlanda, Polonia, Malta, Portugal e o principado de Andorra. Nom se pode negar a influência da hierarquia católica quando estes estados legislam contra os direitos das mulheres.

O referendum portugues do próximo dia 11 de Fevereiro converte-se pois num referente para todas as mulheres da Europa que podem ver como se avança ou se retrocede nos seus direitos numha comunicade geográfica, cultural e económica que di defender a igualdade e os direitos das mulheres.

Monstramos a nossa solidariedade com todas as organizaçons portuguesas que fam apoio ao SIM neste referendum, e com toda a cidadania portuguesa que trabalha por umha sociedade onde os valores da Igualdade, a Justiça, a Liberdade, a Solidariedade e a Paz, inspirem a construçom da sociedade portuguesa, europeia e mundial.

Galiza, 15 de Janeiro de 2006


Coordenadora Nacional
da Marcha Mundial das Mulheres na Galiza
Avda de Lugo, 143 baixo. Compostela.

http://www.feminismo.info

20061122

Erro na convocatoria do 25-N en Compostela

No envío dos actos que cada localidade vai organizar con motivo do 25N, Día Internacional contra a violencia de Xénero, hai un erro na programación referido a Compostela.

A hora de concentración é as 18.00 horas na Praza do Toural.

Un saúdo en lila dende Compostela.

--
Coordenadora Nacional Galega
Marcha Mundial das Mulheres
Marcha mundial das Mulleres
Avda de Lugo 143, baixo
15703 Compostela-Galiza
CIF G-15773013
tlf 652201003-657825556-667531529
http://www.feminismo.info

20061118

25 N mobilizacións 2006


25 DE NOVEMBRO 2006, DÍA INTERNACIONAL DE LUITA CONTRA A VIOLÈNCIA DE XÉNERO

Participa nas mobilizacións e accións convocadas:


PONTEVEDRA

Día 24
Ás 18 hs actividades na Praza 8 de Marzo
Ás 20hs Pasaruas
Ás 20:30hs Concentración

Día 25
Ás 8 da mañá na Praza 8 de Marzo, construcción dun cemiterio simbólico coas lápidas das mulleres vítimas de violencia.Visibilización de distintas situacións de violencia nas rúas da cidade.


VIGO

Día 24
Composición simbólica con zapatos de mulleres e nenas, desde as 17hs na rúa Principe diante do MARCO

Día 25
Manifestación ás 18hs na Praza Urzaiz, entrada a Principe.


FENE

Día 25 ás 18hs concentración na Praza do Ameneiral (Praza Verde) en Perlío. Construcción simbólica con zapatos de mulleres e nenas. Actividades de animación sobre distintos tipos de violencias.


COMPOSTELA

Día 25
Concentración na Praza do Toural ás 20hs. Deseño de siluetas de mulleres representando ás vítimas de violencia.


CEE

III XORNADAS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Dia 24
* Ás 20 h no salón de plenos da Casa do Concello, Cee:
Conferencia e debate:
"O fenómeno da violencia"
Esperanza Castelo Gómez
Técnica superior do SGI.CIAM A Coruña

Dia 25
* Ás 17 h na Escola Municipal de Música:
Obradoiro: Nosoutras sabemos.
Nosoutras valemos.
Nosoutras podemos.
Xuntas imos aprender aa coidarnos mellor e a querernos máis a nós mesmas. Unhas coas outras imos aprender a valorarnos máis no que somos e no que valemos.
Tereixa Ledo Regal
Socióloga,animadora de obradoiros
de crecemento persoal.
Inscrición previa:
até martes día 21, nos tlfs: 651-986191 ou 666-629875

CONCENTRACIÓN : Respéctame.
* Ás 20 h na Praza do 8 de marzo, en Cee.


A CORUÑA

Día 22
Charla Colóquio "A violéncia psicolóxica" con visualización de anacos da película SOLAS.
Participarán a Directora do CIM de Curtis e a Directora do CIM de A Coruña.
Fundación Caixa Galicia ás 20hs.

Día 25
Concentración no Obelisco às 19hs "Respéctame"


CARBALLO

Dia 23
Participación na "Carpa do movimento asociativo" con exposición de fotografías.


Día 25
Concentración diante da casa do concello às 19hs "Respéctame"



[Ver cartaz]

[Ver comunicado]


Coordenadora Nacional da Marcha Mundial das Mulleres na Galiza

Para contactar:

[+ Info]

http://www.feminismo.info




--
Coordenadora Nacional Galega
Marcha Mundial das Mulheres
Marcha mundial das Mulleres
Avda de Lugo 143, baixo
15703 Compostela-Galiza
CIF G-15773013
tlf 652201003-657825556-667531529
http://www.feminismo.info

20060721

Declaración final do VI Encontro Internacional



COMUNIDADO DO VI ENCONTRO INTERNACIONAL EM LIMA
10 DE XULLO DE 2006
Nós, mulleres da Marcha Mundial, vidas de 31 países de todo o mundo, reunidas no noso Sexto Encontro Internacional en Lima, Perú, do 2 ao 9 de xullo 2006, rexeitamos a globalización neoliberal e patriarcal, a militarización e a imposición dos acordos ditos de "libre comercio" polos seus efectos devastadores sobre as mulleres e os homes, os pobos e o planeta.
Nós loitamos por erradicar a pobreza e a violencia e pola construción dun mundo baseado na liberdade, igualdade, xustiza, solidariedade e paz. Unimos as nosas forzas para contrarrestar a impunidade, as intervencións e agresións estranxeiras e para lograr a nosa soberanía alimentaria. Actuamos en alianza con outros movementos sociais, que como nós, están resistindo e tomando accións en todos os recunchos do mundo. Nós cremos que é posible crear este mundo.

Para as mulleres esta globalización neoliberal e patriarcal tradúcese nun retroceso en todas as esferas da súa vida, tanto no público como o privado. Vívese un aumento, do sexismo, dos fundamentalismos relixiosos, do conservadurismo, da xenofobia e do racismo. Os dereitos sociais, sexuais e reproductivos que as mulleres lograron nos últimos anos, por exemplo o acceso legal e seguro ao aborto, están sendo cuestionados en varios Estados. As mulleres teñen cada vez menos acceso a obter un traballo digno, de xusta remuneración, mentres continúan facendo o traballo doméstico; increméntanse as discriminacións contra as lesbianas, mulleres imigrantes, mulleres que viven con incapacidades de todo tipo e contra outras mulleres marxinadas. A pobreza das mulleres aumenta, ata dentro dos países chamados "ricos".

Nós denunciamos que, para satisfacer o consumo desenfrenado de recursos dos Estados Unidos e os seus aliados en Europa ou noutras partes do mundo, impulsan guerras a través do planeta e impoñen tratados económicos que impiden a soberanía alimentaria dos pobos, confrontan a súa autonomía política, a paz e o dereito das persoas a circular libremente. Eles fan isto en nome da guerra contra o terrorismo. Usan as organizacións financeiras internacionais (FMI, BM, OMC), impoñen os tratados e crean áreas ditas de « libre comercio » para as transnacionales quen sacan destas guerras enormes ganancias.

Estas políticas causan o agotamiento dos recursos naturais, que son propiedade dos pobos que sempre as valoraron e usaron para producir alimentos e medicinas. Estas guerras acompáñanse de múltiples formas de violencias, particularmente cara ás mulleres, as cales son violadas, violentadas, prostituídas, usadas como escravas sexuais e asasinadas; as mulleres sofren traumas físicos (mutilaciones, feridas e o incremento do VIH/SIDA) e traumas psicolóxicos profundos. Denunciamos os feminicidios e a utilización do corpo das mulleres como terreo de batalla e botín de guerra.

Estas políticas aumentan tamén o tráfico de seres humanos, particularmente de nenas e mulleres ás que se lles considera o seu corpo como mercancía, fonte de ganancias para as organizacións criminais. Hoxe en día, as ganancias adquiridas de tráta de mulleres e da prostitución constitúen a terceira fonte de ganancias no mundo, despois do tráfico de armas e de drogas.

Estas guerras destrúen as poboacións civís, causan desprazamentos, privan ás campesiñas e campesiños do acceso á terra, á auga e, polo tanto, impídelles a produción de alimentos necesarios para a súa sobrevivencia. Existe a circulación dunha gran cantidade de armas, como na rexión dos Grandes Lagos Africanos, en Colombia e, a través do mundo onde existen conflitos armados desde hai moitos anos. Ademais, asistimos á instalación de bases militares e de bloqueos políticos e económicos, como nas Filipinas e en Cuba respectivamente, así como noutros países do mundo. Hai territorios ocupados e invadidos por forzas estranxeiras onde os gobernos perden a posibilidade da súa soberanía. Nós, denunciamos particularmente as intervencións militares de EE.UU. en Iraq e Afghanistán, as agresións e a ocupación de Israel en Palestina e noutros países árabes. Nós esiximos a retirada de todas as forzas que ocupan estes países, o desmantelamento de todas as bases militares, a destrución das armas e o fin dos bloqueos políticos e económicos.

Nós recoñecemos que as mulleres dos pobos indígenas, poblacións indígenas, poblacións tradicionais e afrodescendientes son sabias e protectoras da natureza. Esiximos respecto dos seus territorios e culturas. A privatización dos recursos naturais, a auga, o aire, a biodiversidade e a propiedade intelectual causan unha perda de soberanía e o empobrecimiento xeneralizado dos pobos e as nacións.

As guerras e os ataques á soberanía dos pobos son froito do modelo patriarcal e capitalista que denunciamos e rexeitamos. Tamén denunciamos o deterioro das responsabilidades sociais dos Estados, a perda de soberanía e de legitimidad dos gobernos, onde a corrupción e a impunidade reinan. Cando un goberno se somete aos dictames doutro país ou dunha institución financeira e cando a procura de ganancias faise en detrimento do benestar das mulleres, dos homes e dos pobos, constatamos un retroceso enorme no respecto aos seus dereitos.

Nós apelamos ás nosas aliadas e aliados a unirse nesta loita. ¡Xuntas e xuntos poderemos cambiar a vida das mulleres. Cambiaremos o mundo!
www.feminismo.info

20060720

Comunicado da organización CODEPINK diante dos ataques contra o Libano


As xentes do Oriente Medio están sufrindo unha vez máis como os militaristas de todos os lados lanzaron outra devastadora ronda de violencia -- esta vez entre Israel e Líbano. Cada bomba lanzada, cada crianza morta, representa o noso fracaso colectivo de vivir xuntos e xuntas coma unha familia humana, e a ascensión do militarismo irracional por encima dos valores da empatía e a compasión.

EStamos horrorizadas non só pola violencia en sí mesma, senón tamén pola carencia de autoridade (liderazgo) internacional para tratar de parala. Isto é especialmente certo para aquelas de nós que estamos vivindo nos Estados Unidos: mentres o mundo está berrando pola intervención global para parar esta loucura, o noso governo está bloqueando á comunidade internacional en canto á petición dun alto o fogo -- confundindo o dereito de Israel de defenderse coa opción de asasinar civiles inocentes y voar polos aires pontes, aeroportos e centrais eléctricas libanesas.

A pesar de que os mortos e mortas libaneses exceden de 200, e os israelís suman 24, os esforzos para voltar á diplomacia veñen de atoparse con extremo escepticismo. O pasado xoves día 13 de xullo, en resposta a Israel lanzando masivos e novos ataques militares na Franxa de Gaza polo secuestro dun soldado israelí, o Consello de Seguridade da ONU introduciu unha resolución chamando a TODAS as partes a exercer o "refrenamento". Esta resolución foi vetada por John Bolton, Embaixador de USA na ONU. O domingo, a ONU intentou chamar a un alto o fogo entre Israel e Hezbollah, e unha vez máis foi bloqueado por USA.

Mentres tanto, as novas sobre Iraq caeron ás últimas páxinas dos nosos xornais, a pesar do feito de que arredor de 100 civís foron asasinados nos últimos días. Unha vez máis, nós pensamos que o governo de USA impide os esforzos do governo iraqí e os oponentes armados para camiñar hacia un plan de reconciliación que incluiría a retirada das tropas USA.

Hoxe é o decimosexto día de nosa folga de fame en Washington DC e en todo o mundo. Mentre continuamos coas miras postas en traer as nosas tropas a casa desde Iraq, tamén incorporamos a chamada ao fin da violencia en todo o Oriente Medio no noso traballo de paz, e especificamente nos nosos obxectivos da campaña "Troops Home Fast". É en momentos coma este cando a folga de fame (xexún) pode profundizar o noso compromiso e reforzar a visión do mundo no que queremos vivir.
Con esperanza que non morre pola paz,

Allison, Dana, Erin, Farida, Gael, Jodie, Katie, Laura, Medea, Meredith, Nancy, Rae, Samantha and Tiffany
Cando o noso governo falla permitindo este sufrimento, nosoutras -como cidadás responsables- debemos actuar. Aquí hai varias suxestións:

1. Contactar co Embaixador John Bolton no e-mail usa@un.int e pedirlle que chame ao alto o fogo
2. Contactar co Secretaria Xeral da ONU Kofi Annan e pedir que a ONU debe mostrar liderazgo e autoridade e demandar o alto o fogo. Email: sg@un.org e/ou fax: (212) 963-1921
3. Realizando manifestacións locais e vixilias....
4. Unirse á folga de fame. Estamos na terceira semana de folga de fame, na que xa participaron arredor de 4000 persoas.

20060715

Acto coas delegadas galegas em Compostela




As delegadas galegas no VI Encontro Internacional da Marcha Mundial das Mulheres, expusérom em Compostela, na nova sede da Coordenadora Nacional, as experiencias vividas em Perú.
As delegadas, apoiando-se na proxecçom de fotografías realizadas durante a súa estáncia em Lima, explicárom a ceremónia de inauguraçom do VI Encontro Internacional, os debates nos grupos de trabalho e o debate nas plenárias. Também compartírom a participaçom em dúas manifestaçons, umha organizada em protesta pola aprovaçom do Tratado de Livre Comércio (TLC) e na convocada polo movimento Vaso de Leche, que reuniu nas rúas da capital peruana miles de mulheres reivindicando a continuidade dos plans alimentários e o mantenimento dos comedores comunitários.
Para rematar explicárom o relevo do Secretariado Internacional que passa a Brasil e a participaçom galega na Festa de feche do encontro.
Agarda-se que estas delegadas comecem a partir do mes de Setembro umha campanha de actos ao longo da geografia galega.

20060710

14 de xullo, Encontro coas delegadas galegas em Compostela


Na cidade de Lima clausurouse o VI Encontro Internacional da Marcha Mundial das Mulleres. O obxectivo deste encontro foi a aprobación do Plan Estratéxico da Marcha e as accións até o 2010.Os bloques de discussión xiraron ao redor dos temas da violencia contra as mulleres, a desmilitarización, a soberania alimentaria, a biodiversidade, o traballo das mulleres e o aceso aos recursos. Aprobouse o traslado do Secretariado Internacional de Quebec a Brasil.
Galiza enviou dúas delegadas a Lima, Barbara Primo e Laura Anhom. A Coordenadora galega celebrará un encontro aberto con estas delegadas o próximo día
14 de xullo ás 20 hs na sede da Marcha Mundial das Mulleres en Compostela, situado na Avda de Lugo nº143 baixo.Haberá proxección de fotografías do Encontro e relato da experiencia das delegadas, ademais de petiscos e música.
Agardamos a vosa presencia e que difundades este convite.

http://www.feminismo.info

20060708

Diante do assassinato de Mar Becerra e Pablo do Camiño



A MARCHA MUNDIAL DAS MULHERES DIANTE DO ASSASSINATO EM CEDEIRA DE Mª DEL MAR BECERRA E DE PABLO DO CAMINHO EM VIGO, QUERE MANIFESTAR AS SEGUINTES REFLEXONS


1ª As agressons contra as mulheres nom cesam, asistimos morte tras morte a umha reproducçom por parte das novas geraçons dos esquemas machistas e sexistas, tanto nas relaçons afectivas como na sexualidade, e a ideia das mulheres como seres a dominar, castigar ou posuir.

2ª O asasinato de Pablo do Caminho em Vigo, está provocado por esse mesmo tipo de concepçom das relacións afectivo-sexuais: marcar territorio, a posesión, os ciumes...esta vez tendo como vítima a um home.

3ª A morte de Mª del Mar Becerra, supom umha tragedia, primeiramente para ela que perdeu a vida com 28 anos, para a súa familia, mas também, e polas circunstancias nas que se deu, trae associada, como outras vezes, umha ola de reacçom social que provoca umha perda de liberdade para as mulheres, sobre todo para as rapazas novas. Ademais do medo, (agora já nom estás segura nem buscando trabalho), as familias imponhem restricçons horarias, de espazo, e mesmo cambio de hábitos. Também, muitas mulheres vam-se autolimitar, como medida de seguridade. Todo esto nos indica que a violencia contra calquera mulher nos fai menos livres a todas.

4ª Necesitamos um compromiso social muito mais amplo nesta luita contra o patriarcado em todas as suas expressons. Em primeiro lugar o compromiso das instituiçons para que adiquem mais ideias, iniciativas e orzamentos para erradicar a violencia da vidas das mulheres. Em segundo lugar dos homes para que nom sejam complices silenciossos do sexismo e o machismo e combatam as declaraçons, actitudes e comportamentos que agredam os direitos das mulheres. Em terceiro lugar, de todas nós, para que tomemos mais conciencia e compromiso nesta luita que tem entre mans os nossos direitos fundamentais como pessoas.

20060704

DELEGADAS GALEGAS EM PERÚ

Laura Anhom e Barbara Primo, encontram-se na cidade de Lima participando no VI Encontro Internacional da Marcha Mundial das Mulheres. Estas dúas companheiras que representam á Coordenadora Nacional, aprovarám junto ao resto de delegadas, o Plano Estratégico da Marcha até o 2010.